Amosando publicacións coa etiqueta circuitos. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta circuitos. Amosar todas as publicacións

venres, 20 de marzo de 2020

Tarefa 6.- Control da luminosidade dun LED cun Potenciometro- 4ºESO



Nesta tarefa empregaremos un sensor analóxico (ENTRADA) capaz de proporcionar moitos valores diferentes de 0 a 255, que nos servirán para regular de xeito contínuo a luminosidade dunLED conectado a un PIN dixital PWN (saída) , axustando os valores da lectura (0-255) a os valores de SAÍDA do PIN PWN que van de 0 a 1023

sábado, 4 de maio de 2019

E-TEXTILES -BANDERÍN QUE ILUMINA POLA NOITE

Un proxecto con é textiles e a placa lilypad (programada en Arduino).
Materiais
Placa Lilypad
  • 3 LEDs brancos
  • 1 LED RGB
  • 1 LDR (sensor de luz)
  • Fio condutor
  • Fieltro de diferentes cores
  • Cola termofusible.
O proxecto foi sacado do KIT "Starter Learning KIt for LilyPad"


TEXTILES ELECTRÓNICOS

Tamén da man de Paola Guimerans descubrin os e-textiles.
Estes dous exemplos son circuitos en paralelo, feitos con portapilas e LEDs de Lilypad


venres, 26 de abril de 2019

PAPER CIRCUITS

Recentemente da man de Paola Guimerans descubrimos os "Paper Circuits" que vexo idóneos para traballar circuitos eléctricos tanto en Educación Primaria coma en 2º da ESO.
Aquí vai algún exemplo:
CIRCUITO SIMPLE
Neste caso está feito cunha pila de botón de 3V CR2032 e un LED, como elemento condutor empreguei tinta condutora.




outro exemplo de circuito simple, "Faro de Meirás" neste caso empreguei cinta de cobre adhesiva.



CIRCUITO EN PARALELO;
 Con 3 LEDs , e como elemento condutor cinta adhesiva de cobre.

CIRCUITO EN PARALELO CON PULSADORES "SWITCH"



CIRCUITO EN PARALELO CON PULSADOR DESLIZANTE