Amosando publicacións coa etiqueta impresión3D. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta impresión3D. Amosar todas as publicacións

luns, 30 de decembro de 2019

Deseño 3D con TinkerCad (recomendable para primaria)

TinkerCad é unha ferramenta de deseño 3D en rede e gratuita, da empresa Autodesk, empresa lider en software de deseño 2D e 3D.
Trátase dunha ferramenta sinxela de deseño en 3D que poden empregar en Educación Primaria, pois posúe moitos modelos basicos que se poden combinar e editar para crear os nosos propios deseños.
O único requisito será rexistrarse con unha conta de correo válida, ou ben con unha conta de Google.




luns, 1 de xullo de 2019

PUBLICACIÓN NA REVISTA GALEGA DO ENSINO DUN ARTIGO SOBRE AS NOSAS "LENTES PARA CEGOS"

Clica na imaxe e accederás ao artigo da revista EDUGA das "lentes para cegos" cuxos deseñadores e programadores foron Iago Barros Fernández e Raúl Caneiro Paz.

domingo, 24 de febreiro de 2019

Profesorado do país de Gales, ven a coñecer como traballamos o deseño e impresión 3D

O pasado xoves 21 de febreiro, 12 profesores de Gales visitaron o taller de tecnoloxía para coñecer como traballamos o deseño e impresión 3D.
Celia, Raúl e Sabela, explicaronlles os seus proxectos de 4º da ESO, en inglés, demostrando unha excelente competencia lingüistica nese idioma.
Explicaron os proxectos das gafas para cegos, o xirasol cargador de baterías, o brazo robótico e a máquina expendedora de chuches, todos programados con Arduino.


venres, 7 de decembro de 2018

Creando engrenaxes con FreeCad

Partindo da idea do reto de impresión 3D da OSHWDem e coa axuda da entrada no blogue tecnoloxía.org de María Loureiro, conseguín facer os seguintes engrenaxes de 18 e 36 dentes.
O seguinte paso, será que o intenten os alumnos. Tamén foron útis os videotitoriais de Obijuan e Christian Tutoriais

venres, 2 de novembro de 2018

Xirasol cargador de baterías por Celia Dominguez de 4º da ESO

Este xirasol orientarase cara a fonte de luz grazas a dous LDR e a un servo-motor, controlado por Arduino. 
Ao mesmo tempo, as 2 células fotovoltaicas montadas en serie, permitirán cargar baterías ata 6 voltios.
O deseño foi realizado a man, e posteriormente no programa Fusión 360 de Autodesk, que nos permite deseñalo tamén en 3 dimensións e exportalo en formato STL.
Dende o programa Repetier creamos o ficheiro GCode para a impresión en 3D coa impresora Legio-León 3D que a Consellería de Educación enviou aos centros de secundaria.
Plano a lápiz
Bosquexo a lápiz
Plano en Autodesk Fusión360

Diseño 3D en Autodesk Fusión 
Imaxe no Repetier


Xirasol coas células fotovoltaicas colocadas

A continuación o código de programación en Arduino

#include <Servo.h> //carga a librería do servo motor
Servo servo_girasol;
int fotoSensor1 = 0; // Pin analóxico para a fotoresistencia 1
int fotoSensor2 = 1; // Pin para a fotoresistencia 2
int valor_foto1;
int valor_foto2;
int posicion = 40;
int velocidad = 5;
int umbral;
float test;
void setup()
{
 Serial.begin(9600);
 Serial.println("Setup: OK, Proxecto xirasol ");
 servo_girasol.attach(9);
 umbral = 10;
}
void loop() {
 valor_foto1 = analogRead(fotoSensor1);
  Serial.print("LDR ESQUERDO  ");
 Serial.print(valor_foto1);
 Serial.print(" - ");
valor_foto2 = analogRead(fotoSensor2);
Serial.print("LDR DEREITO  ");
Serial.println(valor_foto2);
 if ((valor_foto1 > valor_foto2 + umbral ) and (posicion <= 180)) {
  posicion = posicion + velocidad;
 }
 if ((valor_foto1 < valor_foto2 - umbral) and (posicion >= 0)) {
  posicion = posicion - velocidad;
 }
 Serial.print("ÁNGULO  ");
 Serial.println(posicion);
 servo_girasol.write(posicion);
 delay(1000);
}
Este sería a montaxe en Fritzing





























Este sería o esquema eléctrico

domingo, 23 de setembro de 2018

Deseño e impresión 3D para traballar as vistas

Comeza o curso e con él novas formas de traballar as Vistas Ortogonais de pezas, para iso deseñamos e imprimimos en 3D as pezas das que imos obter as vistas no Sistema Diédrico.
Aquí vai un exemplo;

  1. Deseñamos a peza en FreeCad
  2. Exportamola a formato STL.
  3. Abrimos o ficheiro STL no Repetier Host onde temos configurada a nosa impresora León 3D-Legio
  4. Dende o Repetier configuramos a impresión (filamento, numero de capas, recheo...)
  5. Gardamos o ficheiro na tarxeta microSD da impresora. Tamén podemos conectar a impresora 3D directamente por cable USB ao ordenador e imprimir directamente.
  6. Imprimimos





sábado, 12 de maio de 2018

Crear un chaveiro co noso nome

Nesta tarefa intentaremos crear un chaveiro co noso nome


Para conseguilo visualizade este video de ObiJuan



E podemos conseguir  outros tan chulos coma estes;

O seguinte deseño foi elaborado para unha campaña de recollida de fondos para a ONG Cultural Open Center, que posúen varias escolas en campos de refuxiados de Siria.



venres, 11 de maio de 2018

Comezamos a imprimir en 3D


  1. Instalamos o AUTODESK FUSION 360 para uso educativo
  2. Instalamos o REPETIER
  3. Descargar o perfil de impresión da LEÓN 3D PERFILES SLIC3R v09
  4. Configuramos o Repetier co perfil de extrusión da León 3D
  • Calidad Normal
  • Boquilla 0,4 mm
  • Extrusor PLA
  • Layer height 0,3 mm
  • infill Density 20%
  • Infill Pattern (rectilinear)
  • Solid infill pattern (rectilinear)






Estas son as primeiras probas (ficheiro contido na tarxeta SD)



















Agora realizamos o noso propio deseño en 3D, con Autodesk Fusion 360.







venres, 17 de novembro de 2017

Gafas para cegos, con Fusion 360 e Visualino

Gafas para cegos,  deseñadas en Fusion 360  de Autodesk, e impresas en 3D, para Galiciencia 2017, por 2 alumnos; Iago Barros e Raúl Caneiro.
Programadas en Visualino , con sensores de ultrasóns e zoadores, que indican a proximidade de obstáculos.