Amosando publicacións coa etiqueta intoorbit. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta intoorbit. Amosar todas as publicacións

domingo, 24 de febreiro de 2019

Os FrouxiMakers na First Lego League Galicia

O pasado sábado 16 de febreiro, os equipos de Robótica do CPI de Atios, FrouxiMakers Junior e FrouxiMakers Teens, participaron na fase galega da First Lego League que este ano tiña por temática "O Espazo", os Junior coa "Mision Moon" e os Teens coa "Into Orbit"
O equipo Junior creou un hábitat na Lúa, coa súa estación lunar, robots que extraen xeo e regolito, etc
O equipo Teens realizou un proxecto de cultivo hidropónico en Marte ao que chamou "ASTROPLANT" , que non necesita terra, alimentandose de auga e fertilizante (ouriño dos astronautas), iria soterrado e as plantas medrarían con luz LED.

A participación deste equipo conseguiu o "Pemio Princesa de Girona ao Emprendemento"