Amosando publicacións coa etiqueta mBot. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta mBot. Amosar todas as publicacións

sábado, 6 de xaneiro de 2018

Encendido automático do alumeado público con mBot e makeblock

Empregaremos:
  •         2 módulos externos de LEDs, que serán o noso alumeado público (farolas), conectados nos portos 1 e 4 da placa mCore do noso mBot.
  •          O sensor LDR de a bordo do mBot.
  •          O bloque “SI..... ENTONCES.....SINÓ”

Deste xeito que cando a iluminación sexa menor de 200, acenderá o alumeado e cando o valor medido polo sensor supere ese valor, apagará os LEDs.

Neste exemplo, a espera entre medicións é de 5 segundos.

Curso de Introdución á Robótica en Ed. Primaria

sábado, 2 de decembro de 2017

Medir a temperatura dun café con mBot

Probando os mBot que a Consellería de Educación enviou aos centros de Educación Primaria, elaborei varias practicas para a docencia nos centros que me tocará á volta do Nadal. 
Pensade que aplicacións prácticas lle poderíamos dar na aula no ámbito das Ciencias Naturais (temperatura e cambios de estado)
Práctica 3.9 Temperatura do café

Trátase de programar o robot para que mida a temperatura ambiente (ou dun café) en  ºCelsius, ªKelvin e ºFahrenheit. Neste caso que a mostre na pantalla do Scratch e que a diga o Pinguin

Si desexamos que mostre a temperatura no display de 7 segmentos e 4 números, conectado ao porto 1;
  1.  Conectamos o display de 7 segmentos no porto 1
  2. Conectamos a sonda de temperaturano  conector 2(slot 2) a un módulo adaptador RJ25
  3. Conectamos o módulo adaptador con un cableRJ25 a o porto 4 da placa mCore do mBot