Amosando publicacións coa etiqueta proxecto. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta proxecto. Amosar todas as publicacións

sábado, 15 de decembro de 2018

Foguetes propulsados por aire e auga. Proxecto 2ºESO-2018-19

No primeiro trimestre, propúxen o seguinte proxecto; Foguetes a propulsión que debían cumprir as seguintes condicións:
  • Deben caber nunha caixa de folios 30x21x25 cm
  • Feitos de material reciclado
  • Propulsados por aire a presión+auga, ou vinagre e bicarbonato ou aire dun globo.
  • Debían avanzar como mínimo 10 m en horizontal sen arrastrarse polo chan.
O proxecto debía seguir o "proceso tecnolóxico" 
  1. Detección do problema ou necesidade (neste caso cumprir as condicións antes propostas)
  2. Investigación dos sistemas de propulsión, a vida no espazo (Estación Espacial Internacional), formas de foguetes, formas de aleróns, traxectorias recomendables para avanzar o máximo posible, materiais máis axeitados.
  3. Deseño; bosquexo do foguete e da lanzadeira, planos acoutados do foguete, aleróns e puntas.
  4. Planificación; materiais necesarios, reparto de tarefas dentro de cada equipo de traballo, ferramentas necesarias e o seu uso correcto. Anotacións no diario do taller de todo o proceso e das tarefas realizadas por cada membro do equipo e as ferramentas empregadas.
  5. Construcción do foguete, tendo en conta as dimensións e os materiais dispoñibles e respetando as normas de seguridade no taller e no manexo de ferramentas.
  6. Avaliación: cumprimento das condicións establecidas no comezo, lanzamento dos foguetes e comprobación de que avanza os 10 m como mínimo. Análisis dos erros cometidos e propostas para a mellora do prototipo. Realización dunha memoria que recolla todo o proceso empregando as TIC mediante un procesador de textos colaborativo (drive)
  7. Orzamento; realización dun custo orientativo do prototipo, valorando materiais e man de obra, empregando unha folla de cálculo colaborativa (drive).
Mediante o seguinte enlace podedes acceder ao albúm de fotos do proxecto ENLACE , a continuación algún exemplo dos resultados.












venres, 2 de novembro de 2018

Xirasol cargador de baterías por Celia Dominguez de 4º da ESO

Este xirasol orientarase cara a fonte de luz grazas a dous LDR e a un servo-motor, controlado por Arduino. 
Ao mesmo tempo, as 2 células fotovoltaicas montadas en serie, permitirán cargar baterías ata 6 voltios.
O deseño foi realizado a man, e posteriormente no programa Fusión 360 de Autodesk, que nos permite deseñalo tamén en 3 dimensións e exportalo en formato STL.
Dende o programa Repetier creamos o ficheiro GCode para a impresión en 3D coa impresora Legio-León 3D que a Consellería de Educación enviou aos centros de secundaria.
Plano a lápiz
Bosquexo a lápiz
Plano en Autodesk Fusión360

Diseño 3D en Autodesk Fusión 
Imaxe no Repetier


Xirasol coas células fotovoltaicas colocadas

A continuación o código de programación en Arduino

#include <Servo.h> //carga a librería do servo motor
Servo servo_girasol;
int fotoSensor1 = 0; // Pin analóxico para a fotoresistencia 1
int fotoSensor2 = 1; // Pin para a fotoresistencia 2
int valor_foto1;
int valor_foto2;
int posicion = 40;
int velocidad = 5;
int umbral;
float test;
void setup()
{
 Serial.begin(9600);
 Serial.println("Setup: OK, Proxecto xirasol ");
 servo_girasol.attach(9);
 umbral = 10;
}
void loop() {
 valor_foto1 = analogRead(fotoSensor1);
  Serial.print("LDR ESQUERDO  ");
 Serial.print(valor_foto1);
 Serial.print(" - ");
valor_foto2 = analogRead(fotoSensor2);
Serial.print("LDR DEREITO  ");
Serial.println(valor_foto2);
 if ((valor_foto1 > valor_foto2 + umbral ) and (posicion <= 180)) {
  posicion = posicion + velocidad;
 }
 if ((valor_foto1 < valor_foto2 - umbral) and (posicion >= 0)) {
  posicion = posicion - velocidad;
 }
 Serial.print("ÁNGULO  ");
 Serial.println(posicion);
 servo_girasol.write(posicion);
 delay(1000);
}
Este sería a montaxe en Fritzing





























Este sería o esquema eléctrico

xoves, 24 de maio de 2018

Proxecto de 2º da ESO.- CASAS NIÑO

Estas son as primeiras casas niño case rematadas. Con este proxecto o alumnado de 2º da ESO, investigou sobre o tamaño dos paxaros e as posibles formas das casas niño, realizaron bosquexos, croquis e planos das súas ideas, mediron, marcaron, cortaron e montaron as casas, que están a espera dos últimos retoques de pintura.
Un excelente traballo deste alumnado , que por primeira vez constrúe un proxecto no taller de tecnoloxía, e fixérono moi ben.
Parabéns rapazas e rapaces!!