Amosando publicacións coa etiqueta 2ºESO. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta 2ºESO. Amosar todas as publicacións

mércores, 30 de outubro de 2019

Traballo de investigación sobre estruturas

Para reforzar o aprendido no tema de Estruturas, o alumnado realizou unha investigación sobre estruturas, escollendo edificios singulares de todo o mundo, estes son os exemplos dalgúns dos murales feitos polo alumnado.









sábado, 19 de outubro de 2019

KAHOOT SOBRE SINALIZACIÓN DE SEGURIDADE NO TALLER

Unha vez rematado o tema de seguridade no taller, realizaremos o seguinte cuestionario de repaso con KAHOOT, veremos canto aprendimos na aula de Tecnoloxía de 2º da ESO
Clica na imaxe para acceder.

KAHOOT DE FERRAMENTAS

Unha vez rematado o tema de seguridade no taller, realizaremos o seguinte cuestionario de repaso con KAHOOT, veremos canto aprendimos na clase de Tecnoloxía de 2ºda ESO.



domingo, 22 de setembro de 2019

Que peso pode soportar un ovo sen romperse? Tema Estruturas



O ovo é unha estrutura laminar, compórtase de xeito semellante ás BÓVEDAS,  que son capaces de soportar grandes cargas coa mínima cantidade de material.
No caso dos ovos, soportarán grandes cargas sempre que se apliquen verticalmente sen aplicalas de golpe.

sábado, 15 de decembro de 2018

Foguetes propulsados por aire e auga. Proxecto 2ºESO-2018-19

No primeiro trimestre, propúxen o seguinte proxecto; Foguetes a propulsión que debían cumprir as seguintes condicións:
  • Deben caber nunha caixa de folios 30x21x25 cm
  • Feitos de material reciclado
  • Propulsados por aire a presión+auga, ou vinagre e bicarbonato ou aire dun globo.
  • Debían avanzar como mínimo 10 m en horizontal sen arrastrarse polo chan.
O proxecto debía seguir o "proceso tecnolóxico" 
  1. Detección do problema ou necesidade (neste caso cumprir as condicións antes propostas)
  2. Investigación dos sistemas de propulsión, a vida no espazo (Estación Espacial Internacional), formas de foguetes, formas de aleróns, traxectorias recomendables para avanzar o máximo posible, materiais máis axeitados.
  3. Deseño; bosquexo do foguete e da lanzadeira, planos acoutados do foguete, aleróns e puntas.
  4. Planificación; materiais necesarios, reparto de tarefas dentro de cada equipo de traballo, ferramentas necesarias e o seu uso correcto. Anotacións no diario do taller de todo o proceso e das tarefas realizadas por cada membro do equipo e as ferramentas empregadas.
  5. Construcción do foguete, tendo en conta as dimensións e os materiais dispoñibles e respetando as normas de seguridade no taller e no manexo de ferramentas.
  6. Avaliación: cumprimento das condicións establecidas no comezo, lanzamento dos foguetes e comprobación de que avanza os 10 m como mínimo. Análisis dos erros cometidos e propostas para a mellora do prototipo. Realización dunha memoria que recolla todo o proceso empregando as TIC mediante un procesador de textos colaborativo (drive)
  7. Orzamento; realización dun custo orientativo do prototipo, valorando materiais e man de obra, empregando unha folla de cálculo colaborativa (drive).
Mediante o seguinte enlace podedes acceder ao albúm de fotos do proxecto ENLACE , a continuación algún exemplo dos resultados.












domingo, 23 de setembro de 2018

Deseño e impresión 3D para traballar as vistas

Comeza o curso e con él novas formas de traballar as Vistas Ortogonais de pezas, para iso deseñamos e imprimimos en 3D as pezas das que imos obter as vistas no Sistema Diédrico.
Aquí vai un exemplo;

  1. Deseñamos a peza en FreeCad
  2. Exportamola a formato STL.
  3. Abrimos o ficheiro STL no Repetier Host onde temos configurada a nosa impresora León 3D-Legio
  4. Dende o Repetier configuramos a impresión (filamento, numero de capas, recheo...)
  5. Gardamos o ficheiro na tarxeta microSD da impresora. Tamén podemos conectar a impresora 3D directamente por cable USB ao ordenador e imprimir directamente.
  6. Imprimimos





sábado, 22 de abril de 2017

Completísimo mapa conceptual sobre a MADEIRA feito por CELIA DOMÍNGUEZ de 2ºESO-A

Estes mapas conceptuais son feitos en popplet.com para afianzar os coñecementos sobre o tema de Materiais de uso técnico: A madeira .
Celia elaborou este completísimo mapa conceptual, con imaxes e videos.
Gran traballo Celia!!

venres, 21 de outubro de 2016

Mapas conceptuais sobre "OS METAIS" feitos polo alumnado de 2ºda ESO

Mapa conceptual por Kalki
 
Mapa conceptual feito por Blanca

Mapa conceptual feito por Lucía J.


Mapa conceptual feito por Diego

Mapa conceptual por Sara Pantín