Amosando publicacións coa etiqueta electricidad b>. Amosar todas as publicacións

xoves, 19 de setembro de 2019
sábado, 4 de maio de 2019
E-TEXTILES -BANDERÍN QUE ILUMINA POLA NOITE
Un proxecto con é textiles e a placa lilypad (programada en Arduino).
Materiais
Placa Lilypad
Materiais
Placa Lilypad
- 3 LEDs brancos
- 1 LED RGB
- 1 LDR (sensor de luz)
- Fio condutor
- Fieltro de diferentes cores
- Cola termofusible.
O proxecto foi sacado do KIT "Starter Learning KIt for LilyPad"
venres, 26 de abril de 2019
PAPER CIRCUITS
Recentemente da man de Paola Guimerans descubrimos os "Paper Circuits" que vexo idóneos para traballar circuitos eléctricos tanto en Educación Primaria coma en 2º da ESO.
Aquí vai algún exemplo:

Aquí vai algún exemplo:
CIRCUITO SIMPLE
Neste caso está feito cunha pila de botón de 3V CR2032 e un LED, como elemento condutor empreguei tinta condutora.
outro exemplo de circuito simple, "Faro de Meirás" neste caso empreguei cinta de cobre adhesiva.
CIRCUITO EN PARALELO;
Con 3 LEDs , e como elemento condutor cinta adhesiva de cobre.
CIRCUITO EN PARALELO CON PULSADORES "SWITCH"
CIRCUITO EN PARALELO CON PULSADOR DESLIZANTE
domingo, 17 de decembro de 2017
Electromagnetismo 3ºESO
Experimento Oersted: No ano 1820 Hans Cristian Oersted fixo un descubrimento; deuse conta de que si achegaba un cable eléctico conectado a un xerador, a agulla imantada dun compás (brúxula), esta movíase. Isto demostrou que a corrente eléctrica produce un campo magnético.
Electroimán: Consiste nun cable (illado) envolto sobre un núcleo de ferro ou aceiro. Cantas máis voltas (espiras) teña a bovina de cable, e canto máis próximas esteñan entre sí, maior será o campo magnético que crean.
O núcleo de ferro concentra o fluxo magnético do cable e aumentao para convertilo nun imán máis potente. A forza do campo magnético será proporcional á cantidade de corrente que atravese o cable.
A vantaxe dos electroimáns é que podemos activalos e desactivalos permitindo ou interrumpindo o paso da corrente.
Xerador eléctrico: Como nos exemplos anteriores, vimos que unha corrente eléctrica é capaz de xerar un campo magnético, tamén é posible facer o contrario, que un campo magnético xere unha corrente eléctrica; é o que se chama inducción electromagnética, descuberta por Michael Faraday en 1831
Motor eléctrico: Un motor eléctrico é un dispositivo que convirte a enerxía eléctrica en enerxía mecánica de rotación, grazas á acción dos campos magnéticos.
Constiste nun motor feito con imáns permanentes fixos (estátor) e un bobinado de cable illado (esmaltado) que xire (rotor), que funciona con corrente continua que suministra unha pila ou batería.
A corrente que circula pola bovina crea un campo magnético, esta bobina xira grazas a forza de repulsión que exercen os polos do imán permanente sobre o campo magnético da bobina
Para reforzar o tema de "electromagnetismo" o alumnado de 3º da ESO, construiron electroimáns, motores eléctricos caseiros e tamén realizaron o experimento de Oersted.
Aquí van as imaxes dalgúns proxectos.

Subscribirse a:
Publicacións (Atom)