Amosando publicacións coa etiqueta transistor. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta transistor. Amosar todas as publicacións

mércores, 26 de outubro de 2016

Acender un LED coas mans. Transistor como amplificador da corrente.

Aquí tedes un circuito feito en 123D circuits, (programa on-line para deseñar circuitos electrónicos sinxelos, e simulalos)
Os cables verdes, son as sondas que debemos agarrar coas mans.
Se premedes no botón simulación, observaredes como se encende o LED.
Como sabedes o corpo humano é condutor da corrente eléctrica aínda que ten unha resistencia elevada. Se intentamos encender un LED empregando o corpo coma condutor, non seremos capaces, pois a intensidade que o atravesa é insuficiente.

Colocando un transistor NPN, observamos que  con tal de que chegue unha pequena corrente á base do transistor, esta corrente  amplifícase no colector, permitindo acender o LED.


Probamos a encendelo con varias persoas unidas polas mans?


Probamos agora a facer zoar un zoador?


Agradecer a María Loureiro a información obtida do seu blogue
tecnoloxia.org