Amosando publicacións coa etiqueta materiais. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta materiais. Amosar todas as publicacións

luns, 9 de marzo de 2020

Visita do alumnado de 4º da ESO a Cándido Hermida

O alumnado de 4º da ESO visitou as 3 naves industriais de Cándido Hermida, no Polígono Río do Pozo, industria da madeira, metais e novos materiais.
Fomos recibidos polo seu fundador D. Cándido Hermida , a súa filla Natalia e as responsables de Recursos Humanos, que nos guiaron por todas as plantas para coñecer o todo o proceso produtivo, así coma o Show Room, onde puidemos ver unha fantástica mostra dos traballos que realizan.
Magnífica mostra dunha empresa punteira galega, que exporta a súa produción a multitude de países.
Quedamos especialmente abraiados coas habitacions de iates, vagóns de trens de luxo, tendas de primeiras marcas e novos materiais.
Clica na imaxe para ver o album de fotos.

sábado, 17 de novembro de 2018

Que é o Coltán?


O coltán e un mineral que contén unha concentración moi alta de Columbita e Tantalita , de aí o nome COL+TAN

Mineral de Columbita (Fe2 + Nb2O6).



A Tantalita é un mineral esencial para a obtención de Tantalio (Ta), imprescindible para a fabricación de compoñentes electrónicos (microelectrónica), telecomunicacións e industria aeroespacial.

Úsase principalmente na elaboración de condensadores electrolíticos de tantalio moi pequenos que axudan á miniaturización dos compoñentes empregados na telefonía móbil, ordenadores, consolas de videoxogos...
O tantalio é un elemento dúctil, con alto punto de fusión, moi bo condutor da electricidade e do calor, moi duro, resistente aos ácidos (á corrosión), é capaz de almacenar carga eléctrica temporalmente e liberala cando se necesita.

Tamén se emprega na fabricación de turbinas en aeronaves e reactores, e pola súa superconductividade na fabricación de trens magnéticos. 

Outro uso importante é a fabricación de ferramentas de corte de gran dureza (carburo de tantalio).

Pero... non todo son vantaxes... a explotación dos traballadores nalgúnhas minas deberíanos facer reflexionar...


sábado, 22 de abril de 2017

Completísimo mapa conceptual sobre a MADEIRA feito por CELIA DOMÍNGUEZ de 2ºESO-A

Estes mapas conceptuais son feitos en popplet.com para afianzar os coñecementos sobre o tema de Materiais de uso técnico: A madeira .
Celia elaborou este completísimo mapa conceptual, con imaxes e videos.
Gran traballo Celia!!

sábado, 5 de novembro de 2016

OS PLÁSTICOS. Infografías feitas polo alumnado.

É a primeira vez que lles propoño esta tarefa; facer unha infografía sobre un tema un pouco árido (poster con imaxes, videos, textos e gráficos sobre un tema) e estou gratamente sorprendida.
 Aquí tedes as primeiras entregadas. (clicar na imaxe para velas)
Que opinades vos? 
Admítense comentarios na parte inferior.
 Infografía de Kalki de Pablo
Infografía feita por Kalki de Pablo 
 Infografía feita por Daniel Breijo
Infografía feita por Daniel Breijo
 Infografía Adrián Méndez

 Infografía feita por Dana López
Infografía  feita por Dana



venres, 21 de outubro de 2016

Mapas conceptuais sobre "OS METAIS" feitos polo alumnado de 2ºda ESO

Mapa conceptual por Kalki
 
Mapa conceptual feito por Blanca

Mapa conceptual feito por Lucía J.


Mapa conceptual feito por Diego

Mapa conceptual por Sara Pantín