Amosando publicacións coa etiqueta proxecto científico.. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta proxecto científico.. Amosar todas as publicacións

domingo, 24 de febreiro de 2019

Os FrouxiMakers na First Lego League Galicia

O pasado sábado 16 de febreiro, os equipos de Robótica do CPI de Atios, FrouxiMakers Junior e FrouxiMakers Teens, participaron na fase galega da First Lego League que este ano tiña por temática "O Espazo", os Junior coa "Mision Moon" e os Teens coa "Into Orbit"
O equipo Junior creou un hábitat na Lúa, coa súa estación lunar, robots que extraen xeo e regolito, etc
O equipo Teens realizou un proxecto de cultivo hidropónico en Marte ao que chamou "ASTROPLANT" , que non necesita terra, alimentandose de auga e fertilizante (ouriño dos astronautas), iria soterrado e as plantas medrarían con luz LED.

A participación deste equipo conseguiu o "Pemio Princesa de Girona ao Emprendemento"

xoves, 26 de outubro de 2017

Mapa das fontes de auga potable de Valdoviño



Este mapa foi elaborado por Alba Méndez e Sara Santiago, do CPI de Atios, para un proxecto científico de Ciencia Cidadá, que levaremos a Galiciencia2017.
Consiste en catalogar as fontes de auga potable do Concello de Valdoviño, analizar a súa auga (Cloro, PH, olor, sabor, turbidez..) Os datos foron recollidos polo alumnaado do CPI de Atios, principalmente os de 1º da ESO, xa que o tema da " Auga" forma parte do currículo de Bioloxía
Este traballo foi realizado en colaboración cos Departamentos de Bioloxía (David Eiroa) e  de Tecnoloxía (Reyes Montero)