Estou traballando as vistas co alumnado de 2º da ESO de tecnoloxía, e para que poidan manipular as pezas que van a debuxar en Sistema diédrico (vistas) empregamos as pezas do cubo soma, cuxas caras están coloreadas diferentes, según a vista que se trate.
Para poder proxectalas na pizarra dixital , fixen o modelado das pezas no Google SkechUp.
A continuación para poder compartilo nun blogue ou publicalo na Aula Virtual subo os modelos a 3D Warehouse, coa miña conta de gmail (google) así obterei un código para embebelas na páxina ou blogue.
Como podedes ver, pódense rotar , achegar e alonxar co rato.
As cotas están feitas para visualizalas correctamente cando observamos unha única peza.
Como podedes ver, pódense rotar , achegar e alonxar co rato.
As cotas están feitas para visualizalas correctamente cando observamos unha única peza.
Ningún comentario:
Publicar un comentario