domingo, 17 de decembro de 2017

Electromagnetismo 3ºESO

Experimento Oersted: No ano 1820  Hans  Cristian Oersted fixo un descubrimento; deuse conta de que si achegaba un  cable eléctico conectado a un xerador, a agulla imantada dun compás (brúxula), esta movíase.  Isto demostrou que a corrente eléctrica produce un campo magnético.
como funciona el motor electrico

Electroimán: Consiste nun cable (illado) envolto sobre un núcleo de ferro ou aceiro.  Cantas máis voltas (espiras) teña a bovina de cable, e canto máis próximas esteñan entre sí, maior será o campo magnético que crean.
O núcleo de ferro concentra o fluxo magnético do cable e aumentao para convertilo nun imán  máis potente. A forza do campo magnético será proporcional á cantidade de corrente que atravese o cable. 
A vantaxe dos electroimáns é que podemos activalos e desactivalos permitindo ou interrumpindo o paso da corrente.

Xerador eléctrico: Como nos exemplos anteriores, vimos que unha corrente eléctrica é capaz de xerar un campo magnético, tamén é posible facer o contrario, que un campo magnético xere unha corrente eléctrica; é o que se chama inducción electromagnética, descuberta por Michael Faraday en 1831

Motor eléctrico: Un motor eléctrico é un dispositivo que convirte a enerxía eléctrica en enerxía mecánica de rotación, grazas á acción dos campos magnéticos.
Constiste nun motor feito con imáns permanentes fixos (estátor) e un bobinado de cable illado (esmaltado) que xire (rotor), que funciona con corrente continua que suministra unha pila ou batería.
A corrente que circula pola bovina crea un campo magnético, esta bobina xira grazas a forza de repulsión que exercen os polos do imán permanente sobre o campo magnético da bobina

Para reforzar o tema de "electromagnetismo" o alumnado de 3º da ESO, construiron  electroimáns, motores eléctricos caseiros e tamén realizaron o experimento de Oersted.
Aquí van as imaxes dalgúns proxectos.



Ningún comentario:

Publicar un comentario