venres, 20 de abril de 2018

Participando como expositores na STEM Lab Galicia

Pedro Duque apadriñou a 1º Feira STEM Lab de Galicia, para estudantes de centros de todo Galicia, nos que expuxeron os traballos realizados no ámbito das Ciencias, Tecnoloxía, Enxeñería e Matemáticas.
Tivemos a honra de que visitara o noso stand e Iago e Raúl , puideron contarlle como son as "gafas para cegos", o "kit low cost de análise de auga", os sensores de aparcamento e o sistema de control de rego das plantas.
Tamén escoitaron as súas explicacións o Presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijoo e o Conselleiro de Educación Román Rodríguez González

O ambiente de público foi extraordinario, máis de 2000 alumnos pasaron pola STEM Lab Galicia
E así de concurrido estaba o noso STAND
Dispoñíamos de 8 postos; Robótica de 4º de primaria con Lego WeDo, con mBot, con escornabot, e con  DOC de Clementoni.
Robótica de 6º de primaria con Lego Mindstorms EV3, 
6º de primaria e 1º da ESO co Club de Ciencia,
3º e 4º da ESO con Programación en Arduino, deseño e impresión 3D


Ningún comentario:

Publicar un comentario