sábado, 15 de decembro de 2018

Foguetes propulsados por aire e auga. Proxecto 2ºESO-2018-19

No primeiro trimestre, propúxen o seguinte proxecto; Foguetes a propulsión que debían cumprir as seguintes condicións:
  • Deben caber nunha caixa de folios 30x21x25 cm
  • Feitos de material reciclado
  • Propulsados por aire a presión+auga, ou vinagre e bicarbonato ou aire dun globo.
  • Debían avanzar como mínimo 10 m en horizontal sen arrastrarse polo chan.
O proxecto debía seguir o "proceso tecnolóxico" 
  1. Detección do problema ou necesidade (neste caso cumprir as condicións antes propostas)
  2. Investigación dos sistemas de propulsión, a vida no espazo (Estación Espacial Internacional), formas de foguetes, formas de aleróns, traxectorias recomendables para avanzar o máximo posible, materiais máis axeitados.
  3. Deseño; bosquexo do foguete e da lanzadeira, planos acoutados do foguete, aleróns e puntas.
  4. Planificación; materiais necesarios, reparto de tarefas dentro de cada equipo de traballo, ferramentas necesarias e o seu uso correcto. Anotacións no diario do taller de todo o proceso e das tarefas realizadas por cada membro do equipo e as ferramentas empregadas.
  5. Construcción do foguete, tendo en conta as dimensións e os materiais dispoñibles e respetando as normas de seguridade no taller e no manexo de ferramentas.
  6. Avaliación: cumprimento das condicións establecidas no comezo, lanzamento dos foguetes e comprobación de que avanza os 10 m como mínimo. Análisis dos erros cometidos e propostas para a mellora do prototipo. Realización dunha memoria que recolla todo o proceso empregando as TIC mediante un procesador de textos colaborativo (drive)
  7. Orzamento; realización dun custo orientativo do prototipo, valorando materiais e man de obra, empregando unha folla de cálculo colaborativa (drive).
Mediante o seguinte enlace podedes acceder ao albúm de fotos do proxecto ENLACE , a continuación algún exemplo dos resultados.












1 comentario: