sábado, 17 de novembro de 2018

Que é o Coltán?


O coltán e un mineral que contén unha concentración moi alta de Columbita e Tantalita , de aí o nome COL+TAN

Mineral de Columbita (Fe2 + Nb2O6).



A Tantalita é un mineral esencial para a obtención de Tantalio (Ta), imprescindible para a fabricación de compoñentes electrónicos (microelectrónica), telecomunicacións e industria aeroespacial.

Úsase principalmente na elaboración de condensadores electrolíticos de tantalio moi pequenos que axudan á miniaturización dos compoñentes empregados na telefonía móbil, ordenadores, consolas de videoxogos...
O tantalio é un elemento dúctil, con alto punto de fusión, moi bo condutor da electricidade e do calor, moi duro, resistente aos ácidos (á corrosión), é capaz de almacenar carga eléctrica temporalmente e liberala cando se necesita.

Tamén se emprega na fabricación de turbinas en aeronaves e reactores, e pola súa superconductividade na fabricación de trens magnéticos. 

Outro uso importante é a fabricación de ferramentas de corte de gran dureza (carburo de tantalio).

Pero... non todo son vantaxes... a explotación dos traballadores nalgúnhas minas deberíanos facer reflexionar...


Ningún comentario:

Publicar un comentario